
Está activo, desde as 20.07 horas de onte martes, un lume no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 6 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 2 avións.
Activo A Gudiña-Barxa
Continúa tamén activo o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, dende as 00.17 de onte martes, que afecta unha superficie provisional de en torno a 90 hectáreas. Neste lume mobilizáronse polo de agora 12 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 4 técnicos, 8 helicópteros e 8 avións. Ademais, na súa extinción colaboraron tamén medios terrestres procedentes de Portugal.
Controlado A Gudiña-Pentes
Estaba estabilizado, dende as 00.13 horas de onte martes, o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que agora xa está controlado e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 200 hectáreas e evoluciona favorablemente. Para a extinción deste lume mobilizáronse ata o de agora 16 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 2 técnicos, 10 helicópteros e 8 avións. Tamén participaron medios portugueses.