CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Incendio nunha casa deshabitada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

Pasadas as 20 horas deste martes 1 de xullo producíase un incendio nunha casa deshabitada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), por motivos que se descoñecen.

 

 

Ata o lugar dos feitos desprazábanse bombeiros do parque comarcal, GES Valdeorras, Garda Civil e membros da corporación municipal coa alcaldesa, María Carmen González, á cabeza.

 

 

Tal como explican fontes presenciais, era unha veciña quen daba aviso ao ver saír fume do segundo piso da vivenda, sendo traballadores do Concello os primeiros en chegar e refrescar o lugar, axudados dun vehículo municipal para este tipo de emerxencias, evitando que o incendio se estendese.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button