ConcellosÚltima hora

Inchables, merenda e música para despedir un intenso campamento de verán en Carballeda

 

Xogos, pero tamén viaxes, aprendizaxe e convivencia. Ao longo de dous meses os nenos e nenas do municipio de Carballeda de Valdeorras compartían un intenso, formativo e tamén divertido campamento de verán que na tardiña do 30 de agosto chegaba ao seu fin. E facíao cunha celebración á que, ademais de nenos e monitores, sumábanse as familias e o Concello, representado pola alcaldesa de Carballeda, María Carmen González.

A festa comezaba ás 17h. no pavillón municipal e nela non faltaban os inchables nin unha merenda para todos os asistentes. E como broche final, dentro do programa cultural do Concello, concerto do grupo barquense El Patio de Leni, ás 22:30 h no aparcadoiro de Sobradelo.

 

 

Durante a celebración a alcaldesa saúdaba aos participantes e lanzaba unha mensaxe de cara a nova etapa que comeza en setembro. “Agora a estudar e nos momentos duros, a lembrar estes dous meses de compañeirismo, de xogos, de aprendizaxe, de esforzo e abrigo de risas e alegría”. Ademais agradecía o labor dos monitores, pola súa implicación “máis aló do que lle esixe o seu facer profesional. O voso labor, dará froito na vida destes pequenos que son o noso futuro”.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button