OurenseÚltima hora

Ingresa en prisión un mozo detido por apuñalar a un compañeiro de clase na Carballeira

A Policía Nacional de Ourense detívoo logo de que se presentanse a primeira hora da mañá en Comisaría, entregando a arma usada

Despois de estar a ser buscado durante toda a noite polas Forzas e Corpos de Seguridade da cidade de Ourense, un mozo vén de ser detido esta mañá por apuñalar a un compañeiro de clase na Carballeira. Esta persoa presentábase a primeira hora na Comisaría de Policía identificándose como o mozo que estaban a buscar, e entregando unha mochila con varias armas brancas, entre elas, supostamente a utilizada a agredir ao seu compañeiro de clase.

Entre as armas das que fixo entrega, atópanse: un coitelo tipo caza, duns 18 cm de folla cun fío cortante e outro de serra, coa súa funda; un coitelo tipo caza, duns 12 cm de folla cun fío cortante e outro de serra, coa súa funda; unha navalla, tipo bolboreta, duns 10 cm de folla, con posibles rastros de sangue, e que supostamente a utilizada para a agresión; unha navalla, tipo militar, duns 7,5 cm de folla; unha navalla multiusos.

“En dependencias policiais, o detido non deu explicación algunha acerca da motivación da súa agresión, indicando así mesmo que pasara a noite escondido pola zona da Valenzá, para non ser descuberto; decidindo finalmente entregarse en Comisaría”, segundo informa a Policía Nacional de Ourense.

Tras as tomas de declaración de testemuñas, e prestar declaración, o detido foi posto á disposición xudicial, quen decretou o seu ingreso en prisión.

A persoa agredida recupérase con normalidade, estando pendente de ser dado de alta no día de hoxe.

Artigos relacionados

Back to top button