CulturaCulturaÚltima hora

Intensa e emotiva tarde e noite de Reis en Castro Caldelas

 

Emocionante tarde-noite de Reis en Castro Caldelas. Comezaba coa Festa do Neno, que incluía multitude de actividades: pintacaras, globoflexia, talleres variados, paracaídas, maxia, xogos populares, … e unha actuación de Maxia co Mago D. Ademais o Castelo de Castro Caldelas convertíase nun escenario presidido polo Belén de Maite Vázquez, onde máis de 150 cativos desfrutaban de diversas e variadas actividades.

 

 

De seguido os Reis Magos, recén chegados de Oriente, facían as delicias dos nenos con regalos e caramelos aptos para celíacos e sen azucre. Logo de que os rapaces recibisen os regalos e entregaran as caratas coas súas peticións, servíase un chocolate con bica manteigada para os asistentes.

 

 

A festa continuaba mentres Melchor, Gaspar e Baltasar se achegaban á Residencia do Maior para compartir caramelos, risas, agarimo e un quentiño chocolate con bica, preparado pola traballadora do Concello Ubi. A alcaldesa, de Castro Caldelas a concelleira de Benestar Social e o concelleiro de Deportes e Turismo compartían cos residentes e traballadores momentos de cariño e desexos de saúde. E a noite continuaba cos Cantos de Reises polos bares da vila por parte dos máis cativos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button