ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas acollerá, o 3 de maio, a primeira Feira de Gando deste ano

 

O vindeiro sábado 3 de maio celebrarase a primeira Feira de Gando do 2025, “a única de Ourense”, puntualiza a alcaldesa de Castro Caldelas Sara Inés Vega, no Toural da vila, podendo asistir gando de calquera comunidade “sempre que cumpras as condicións sanitarias vixentes”.

Tal como avanzan dende o Concello, o Centro de Desinfección permanecerá aberto de xeito gratuíto para os gandeiros, o venres 2 de maio de 12 a 14 e de 16 A 18 horas “para a desinfección de vehículos que deben ir lavados”. E xa o día da feira, estará tamén aberto gratuitamente para os servizos de desinfección e lavado dos vehículos dos gandeiros ata as 12 horas.

 

 

No recinto feiral haberá servizo de comidas: pulpo (prezo aparte) e menú con empanada, carne ao caldeiro ou churrasco variado, bica, viño ou refresco, café, chupito de licor ou herbas (20 euros).

Dende o Concello amosan o “apoio total aos nosos gandeiros porque son un dos motores da nosa comarca e grazas a eles a paisaxe mantense, evitan incendios e desertización e sentan poboación que crea riqueza no rural”, asegura a alcaldesa.

Artigos relacionados

Back to top button