
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, no marco da Operación OZROC, desenvolvida coa finalidade de detectar delitos contra a flora e a fauna, tomaron declaración en calidade de investigado a un veciño de 64 anos de idade como presunto autor dun delito contra a fauna, por disparar contra un corzo macho, estando a caza desta especie vedada nese momento. O animal resultou morto.
O dia 11 de xaneiro a Patrulla do Seprona tivo coñecemento do feito. Ese día celebrábase unha batida autorizada de xabaril na zona OU 07 nas Eiroás (Ourense).