DeportesÚltima hora

Irina Sánchez e Antía Guntiñas (Adas Cupa), pratas no galego de marcha en pista

 

Entre os atletas que lograban metal no XVII Campionato galego de marcha en pista, que tiña lugar neste 16 de novembro en Pontevedra, tamén estaban as marchadoras valdeorresas do Club Adas Cupa do Barco Irina Sánchez Yáñez e Antía Guntiñas, que se facían coa prata na proba de 2.000 m Sub12 e na de 1.000 m Sub10, respectivamente.

Ademais, outro atleta do Adas, Dylan Castillo, conseguía unha cuarta posición nos 1.000 m marcha Sub10.

Por outra banda, este campionato galego era a última proba do circuíto galego de marcha no que Antía Guntiñas lograba así mesmo unha segunda posición, Irina Sánchez era cuarta e Dylan Castillo, terceiro.

Dende o Club Adas Cupa, o seu presidente, Agustín González “Tinín”, fai unha valoración moi positiva da actuación valdeorresa nesta competición. “Estamos moi satisfeitos cos resultados, os atletas melloraron marcas, e ademais houbo catro podios”.

Fotos cedidas.

Back to top button