A tradición vitivinícola feita festa vén de unir as localidades de Seadur (Larouco) e de San Miguel de Sarandón (Vedra). Así, na pasada edición das Covas de Seadur, a finais de marzo, membros da Asociación San Campio e adegueiros pontevedreses descubrían esta celebración e, na pasada fin de semana, o sábado 26 de outubro, eran os membros da Asociación As Covas de Seadur os convidados a festa que se desenvolvía en San Miguel de Sarandón, o “Pasabodeghas”, unha animada ruta gaiteira con oito adegas abertas ao público a uns 3.000 participantes.

Ademais nunha das bodegas, tiña lugar un acto de irmandamento entre as Covas de Seadur e esta festa, no que ademais de representantes da asociación, participaba a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez. No acto entregábanse agasallos.
Fotos cedidas.