ConcellosÚltima hora

IV Caza do Lixo por parte de cazadores no Tecor Terra de Caldelas

 

Neste 1 de xuño un grupo de cazadores do Tecor Terra de Caldelas poñían en marcha unha actividade co fin de tratar de manter limpo os seus terreos cinexéticos. Trátase da cuarta edición da “Caza do lixo”, unha dura xornada na que recollían do monte todo tipo de obxectos e refugallos tirados pola xente na natureza.

Co recollido (dende bicicletas e neumáticos ata restos de electrodomésticos) enchían varios remolques que logo depositaban no Punto Limpo de Castro Caldelas.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button