EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

IV Curso de Poda de respecto na Rúa, a finais de marzo na aula universitaria da UNED

Durante os días 28 e 29 de marzo desenvolverase esta formación, que incluirá unha saída de campo

Imaxe da anterior edición do curso./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A UNED Ourense organizará na súa Aula Universitaria da Rúa, a IV Edición do Curso de Poda de respecto, os días 28 e 29 de marzo. Estará impartido polos enxeñeiros Ricardo Dobao Macía, director técnico dunha adega na D.Ou. Valdeorras e Enrique Santiago Pérez Espino, técnico do Consello Regulador de Valdeorras.

Como en edicións anteriores trataranse conceptos previos relacionados coa poda de respecto, erros comúns, tipos e técnicas, poda de formación e por suposto, prácticas de poda dos distintos sistemas, nunha saída a campo, guiada polos técnicos.

O curso chega xa á súa cuarta edición dado o enorme éxito en todas as convocatorias anteriores. A comarca de Valdeorras é unha zona de viñedos e adegas con denominación de orixe, polo que a aceptación deste tipo de formación é máxima. Traballadores de adega, particulares con viñedos, persoal eventual de traballo en viñas e interesados en xeral, constitúen o perfil de alumnado ao que vai dirixido o curso.

Aínda que é a cuarta edición, sempre se trata de explicar desde conceptos básicos de pódaa de respecto ata nocións un pouco máis avanzadas, para cubrir calquera posible perfil de alumno con diferentes coñecementos ou inquietudes.

O curso celebrarase na aula da Uned na Rúa en horario de 16:00-21:00 horas o venres, e de 9:00 a 14:00h o sábado, en modalidade presencial. As súas características e temática obrigan a impartilo desta maneira, con prazas limitadas a 30.

A inscrición pode facerse no seguinte enlace
Back to top button