OurenseÚltima hora

Jorge Vázquez, presidente executivo da empresa ourensá Redegal, Premio Victoriano Reinoso

 

O acto de entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso, un galardón outorgado pola Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid (Aegama), recoñía na tarde do 13 de marzo ao ao presidente executivo da firma tecnolóxica ourensá Redegal, Jorge Vázquez. Este galardón distingue cada ano a personalidades destacadas no ámbito empresarial da Comunidade.

Entre outras autoridades, o acto contaba coa asistencia do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, quen destacaba a importante contribución de Aegama —entidade presidida por Julio Lage— fortalecendo os lazos de colaboración entre o tecido empresarial galego en Madrid, e tamén contribuíndo a visibilizar o talento emprendedor que atesoura a Comunidade e proxectando a imaxe de Galicia como unha terra de oportunidades e de futuro. Nese senso, e referíndose ao premio outorgado hoxe, sinalou que Redegal é o exemplo da Galicia innovadora que medra e compite no mercado global, situando á nosa Comunidade na vangarda dixital e tecnolóxica pero sen perder de vista as súas raíces.

Back to top button