
Non faltaba a presenza galega no Campionato de España de ruta celebrada en Paterna o 19 de xuño. Nel sobresaía o excelente 4º posto logrado por José Manuel Fernández do Adas Cupa do Barco na categoría M50 (cun rexistro de 1:14:37) e o 8º de Martyna Tasende de O Pino na categoría F40.
O resto das actuacións quedaron da seguinte maneira:
Clasificación Xeral: 60º Victor Alonso (Vickcy Foods) 1h.13:45; 82º Alejandro Diego (C.A.Naron) 1h.15.58
M35. 11º Antonio Teijido (Bathco Running) 1h.13:59
M40: 15º Javier Paredes (Ourense At.) 1h.16.22
M45: 16º Juán José Álvarez (O Pino) 1h.19:59 e 29º José Carlos Ferreira (ADAS CUPA) 1h.26:28