PolíticaÚltima hora

José Manuel Pol será o candidato do PP á alcadía de Quiroga

Presentación do novo candidato do PP á alcaldía de Quiroga./ Cedida.

 

Nun acto acto público que tiña lugar onte en Quiroga dábase a coñecer á persoa que encabezará a lista do PP no concello de Quiroga nas vindeiras eleccións municipais. Trátase de Jose Manuel Pol González, “coñecido no municipio pola súa humildade e responsabilidade xa que estivo 35 anos ao fronte da xestoría Rozas-Campos”, tal e como destacan dende o PP.

Na súa presentación como candidato, Pol estaba acompañado polo actual alcalde de Quiroga, Julio Álvarez (quen anunciaba hai uns días a súa intención de non volver presentarse tras 36 anos como rexedor), e por José Manuel Balseiro, coordinador xeral do partido.

Artigos relacionados

Back to top button