PolíticaÚltima horaVídeos

Avelino García, novo presidente do PP da Rúa, manifesta como principal meta “recuperar a alcaldía”

Trala celebración, esta tarde, do congreso da agrupación local, sostivo que “as eleccións as gañamos sempre, pero o obxectivo ten que ser gobernar por maioría”

 

Na tarde deste xoves 5 de xuño, Avelino García Ferradal (A Rúa, 1960) era elixido presidente do Partido Popular da Rúa, no congreso celebrado por esta agrupación local no que participou o presidente provincial, Luis Menor, acompañado pola vicepresidenta, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas.

 

 

No acto, celebrado na Casa da Cultura ruesa e diante de militantes e simpatizantes, así como de cargos electos do PP García Ferradal proclamou como principal meta recuperar a alcaldía. “As eleccións as gañamos sempre, pero o obxectivo ten que ser gobernar por maioría”, dixo, asegurando que, en comparación con outras convocatorias electorais, como as autonómicas de 2024 “nas que o partido viuse fortalecido cunha ampla maioría”, nos comicios electorais entran en xogo outros factores “pero estou convencido de que o PP logrará a maioría absoluta dentro de dous anos”, afirmou o xa presidente local.

 

 

Avelino García, que xa presidiu a corporación municipal no mandato 2011-2015, sostivo que “hai partido para regresar ao goberno municipal pola porta grande”, comprometéndose “a dalo todo desde a agrupación local”. Neste sentido asegurou ter comprobado que tamén hai apoio entre a veciñanza, “ademais de interese e ganas por presentar unha lista que nos axude a gobernar”.

 

 

Pola súa banda, o presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor o apoio recibido polos populares nas autonómicas de 2024, con “medio milleiro de votos máis que o BNG, a segunda forza no concello da Rúa. Unha ampla maioría que é necesario trasladar ás municipais”, dixo, asegurando que “para levar ás siglas do PP a trunfos incontestables é nevesaria a unidade “en maiúsculas”, un fin que tamén se persegue cos congresos locais que está a celebrar o PP de Ourense por toda provincia, ademais de servir para reorganizar o partido”.

 

 

O presidente provincial tamén pediu o esforzo dos populares rueses para que axuden cos seus resultados a recuperar outra maioría absoluta en 2024: a Deputación de Ourense. “Só cunha maioría poderemos deseñar e executar o noso modelo de provincia, e aí toda Valdeorras e por suposto A Rúa teñen moito que dicir”, afirmou, ao tempo que sinalou que o concello rúes baixo as siglas do PP tamén contribuirá a superar o actual listón de 55 alcaldías.

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as dúas últimas da galería que son cedidas.
Vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button