As instalacións da AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) na Estrada acollían esta mañá a cerimonia de entrega de medallas e condecoracións de permanencia por 25 anos de servizo por parte da Xunta de Galicia ao voluntariado de Protección Civil, Garda Civil, Policía Nacional, Bombeiras/os e membros de CASAGA (perros de rescate).
O acto estaba presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e tamén se contaba coa asistencia do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e da diretora Xeral da Administración Local, entre outras autoridades.
Entre os galardoados estaba o voluntario de Protección Civil de Manzaneda, José María Valladares, que recibía unha distinción polos seus 25 anos de servizos en Protección Civil.
Clemente Pérez Arias recibía a Medalla de Prata ao Mérito polo seu labor.
Fotos cedidas.