EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Juan Palacios, experto en poda e viticultura, imparte un taller de poda na vide na Evega

 

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organizaba neste xoves 16 de novembro o taller práctico “A poda na vide” nas súas instalacións situadas en Ponte San Clodio, no concello ourensán de Leiro.

O taller impartiuno Julián Palacios, figura recoñecida a nivel nacional en materia de poda e arquitectura da vide, que lles ofreceu aos asistentes unha bases teóricas sobre a materia para logo actuar de forma práctica nunha das leiras da Evega.

Esta sesión formativa foi un éxito para os plans de formación da Xunta, xa que as 30 prazas dispoñibles esgotáronse en menos de 24 horas polo interese que xerou a participación de Julián Palacios.

Con este taller preténdese formar a viticultores e técnicos na poda respectuosa coa planta, o que propicia que os viñedos duren máis anos cun mellor estado sanitario e produtivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button