ConcellosÚltima hora

Liberada unha persoa que quedara atrapada baixo o seu tractor nunha finca no municipio de Pantón

 

Pasadas as 13 horas deste 10 de setembro, o 112 Galicia recibía o aviso dun accidente no que unha persoa quedaba atrapada baixo un tractor nunha finca no municipio lucense de Pantón. Era alertado do sinistro a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que indicaba que unha persoa estaba atrapada debaixo do tractor que manexaba nunha finca do lugar de Galegos, en San Vicente de Castillón.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Monforte de Lemos e da Garda Civil. “Unha vez alí, os servizos de emerxencias fixeron uso do seu material de excarceración para liberar á persoa ferida”, segundo o 112 Galicia, que tamén sinala que, “aínda que se chegou a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, a persoa foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”.

Back to top button