ConcellosSoberÚltima hora

Licítanse as obras do embarcadoiro dos Chancís, en Sober

O proxecto consiste na creación dun novo acceso peonil co obxectivo de facilitar a entrada ás embarcacións usadas nos percorridos turísticos dos Canóns do Sil

 

A Xunta publica vén de publicar na plataforma de contratos de Galicia a licitación do embarcadoiro dos Chancís, concello de Sober, na Ribeira Sacra.

O proxecto consiste na creación dun novo acceso peonil adaptado para persoas con mobilidade reducida, así como o traslado do pantalán a outra zona co obxectivo de facilitar a entrada ás embarcacións utilizadas nos percorridos turísticos dos Canóns do Sil.

As esta actuación destinarase un investimento de máis de 194.000 euros co “obxectivo de mellorar o confort dos turistas que se acheguen a desfrutar deste recurso turístico de gran interese paisaxístico situado na Ribeira Sacra”, tal e como se informa dende Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Turismo e Xustiza.

Artigos relacionados

Back to top button