Esta mañá aparecía o corpo sen vida dun sexaxenario desaparecido na tarde de onte no municipio lucense de Ribas de Sil. Foi localizado polos axentes da Garda Civil, tal e como informa o 112 Galicia.
“Segundo a información facilitada polos voluntarios de Protección Civil da localidade aos xestores do 112 Galicia, o home desapareceu do seu domicilio na tarde de onte”, segundo o 112 Galcia.
Ata o lugar tamén se desprazaban os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Quiroga. Finalmente, tras o rastrexo, sobre as 12:30 horas, a Garda Civil comunicou o achado do cadáver moi preto do río que discorre polo lugar de San Pedro.