ConcellosÚltima hora

Localizado o mozo de Viana que estaba en paradeiro descoñecido dende onte

 

Esta tarde lograba finalmente darse co mozo que se atopaba en paradeiro descoñecido dende onte e a quen se vira por última vez nas proximidades da OU-533, preto do encoro de Viana do Bolo. Logo do comunicado emitido por SOS Galicia, esta tarde unha muller avisaba de que o mozo se atopaba san e en boas condicións en casa da súa parella, na localidade de Leiro, onde se desprazou sen comunicarllo a ninguén. Este feito foi certificado pola Garda Civil. “Finalmente, a situación acabou ben”, confirma o alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.

A partir de aí concluía o operativo de búsqueda dos equipos de emerxencias, que se poñía en marcha despois de que os axentes da Garda Civil os que contactasen co 112 Galicia “ás 12:30 horas de hoxe para solicitar a colaboración doutros efectivos de emerxencia que puidesen auxiliar no operativo de busca”, segundo a información do 112 Galicia.

Era entón cando desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se poñía a situación en coñecemento dos membros do GES da Veiga, dos efectivos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo e Vilariño de Conso e tamén da Policía Local, que comezaban a búsqueda.

Artigos relacionados

Back to top button