OurenseÚltima hora

Localizan ferido en Castrelo do Val a un deportista de motocross tras horas na súa procura

 

Sobre as dez desta mañá era localizado por un compañeiro o deportista de motocross que levaba desaparecido dende onte. O seu compañeiro, decontado, contactou co 112 Galicia, e asegurou que “estaba ferido, posiblemente a causa dun accidente Eran preto das dez desta mañá cando o alertador contactou co servizo de chamadas de emerxencia para solicitar asistencia médica urxente, pois atopara ao deportista desaparecido onte en Castrelo do Val cando practicaba motocross”, informa o 112 Galicia.

Segundo aclarou, sufrira un accidente, “e malia que estaba consciente e reaccionaba favorablemente, tiña  dificultades para mover as pernas. Con estes datos, os xestores do 112 Galicia avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mesmo valoraron o desprazamento dun equipo a bordo do helicóptero con base en Ourense, pero, finalmente, a dotación chegou en ambulancia polas malas condicións meteorolóxicas. Tamén se mobilizaron os membros do GES de Laza e os axentes da Garda Civil”, citando ao 112 Galicia.

O alertador facilitou, a maiores, as coordenadas da localización, unha zona de monte da parroquia de Pepín. “Esta localización prodúcese despois de que esta madrugada, contra as 5:30 horas, unha persoa contactara co 112 Galicia para dar conta dun deportista perdido no monte desde onte á tarde. Ademais, confirmaron que os axentes da Garda Civil xa tiñan coñecemento, e mesmo estiveron buscando pola zona. Tamén, desde o 112 Galicia, falouse con diversas agrupacións de voluntarios dos concellos lindeiros, como Riós, Vilardevós e Verín”, indica o 112 Galicia. Finalmente, o deportista era atopado por un compañeiro no monte.

Artigos relacionados

Back to top button