A iniciativa do Barco Centro Comercial Aberto de organizar o “Túnel do terror” dentro da celebración do Samaín está resultando, por segundo ano consecutivo, todo un éxito. Numerosas persoas agardaban ás sete e media da tarde deste sábado 2 de novembro para poder acceder ao seu primeiro pase.
Este túnel instalábase nesta ocasión na rúa Doutor Pérez Lista da vila, cortada ao tráfico. As colas, de nenos e maiores, chegaban ata as proximidades do Casino do Barco.
A apertura deste túnel contaba coa presenza de diferentes membros da xunta directiva do CCA e do alcalde do Barco, Alfredo García. O segundo pase está previsto a partir das e 21 horas en segundo pase. Para poder acceder será necesario entregar un tícket de compra dalgún establecemento asociado por importe mínimo de 5 euros polo que terán acceso un adulto e un neno (menor de 12 anos).
Fotos: O SIL.