
Os maiores e o persoal da residencia municipal Gabino García do Concello de Manzaneda celebraban neste 6 de novembro unha das citas culturais máis saborosas do outono: o tradicional Magosto.
Os residentes puideron degustar a calidade das castañas de Manzaneda que mesmo asaron en fogón da zona central da planta baixa deste centro. “Toda unha ledicia poder participar cos nosos maiores en tradicións tan arraigadas a nosa terra”, dende o Concello de Manzaneda.
Fotos cedidas.
