OurenseÚltima hora

Máis de 10.000 bicicletas toman a cidade no “Día da bici” de Ourense

O percorrido arrancou e rematou na Alameda e o pelotón pasou por diversos barrios da capital provincial

Como cada ano, os amantes das dúas rodas a pedais saen ás rúas da cidade para celebrar o “Día da Bici”. Este ano chega á súa trixésimo terceira edición e cada ano o fai con máis forza. Maiores e pequenos, afeccionados e profesionais, familias enteiras… todos xuntos percorreron as principais arterias da capital nas súas bicicletas co obxectivo de reivindicar o uso da bicicleta na cidade e a seguridade dos ciclistas nas estradas.

O percorrido arrancou na Alameda de Ourense e percorreu distintos barrios da capital, rematando de novo, cara ás unha e media do mediodía no mesmo punto. Tras a chegada, os participantes entraron nun sorteo para dúas noites de balneario.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button