Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Máis de 130 participantes na 2ª Andaina Solidaria contra o cancro na Veiga

Partía esta mañá ás 10h. dende a praza do Concello desta vila e conta con dous percorridos: un de 11 km e outro de 3 km

 

Dende a praza do Concello da Veiga poñíase en marcha ás 10h. a “2ª Andaina Solidaria contra o cancro na Veiga”, coa participación dunhas 130 persoas de diferentes idades. Esta iniciativa deportiva e solidaria está organizada polo Concello en colaboración con Rutas Xanzá.

 

 

 

A proba ofrecía aos participantes dúas alternativa: un percorrido longo de 11 km e un curto de 3 km. En ambos casos a actividade é en beneficio da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense.

 

 

No operativo de seguridade desta andaina participan o GES A Veiga e as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, A Veiga e O Barco.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button