Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Máis de 80 deportistas compiten na Rúa na 6ª proba da Liga Galega de Sprint de orientación

 

Intensa a xornada de orientación disputada neste sábado 7 de novembro na contorna do Aguillón, na Rúa. Pola mañá disputábase a 5ª proba da liga galega de orientación en bicicleta, LGMTBO, Campeonato Xunta de Galicia distancia media, na que participaban 53 deportistas de clubs de toda Galicia.

E pola tarde era a quenda da 6ª Proba da VII Liga Galega de Sprint (O-Pé) que contaba con máis de 80 deportistas de todas as categorías, dende M/F 12 ata sénior que completaban un complexo circuíto polo mapa da Chopera, pasando polo paseo fluvial do Aguillón, á beira do encoro de San Martiño, que remataba nun labirinto no antigo campo de fútbol.

 

 

A proba, organizada polo Club Our-O coa colaboración da FEGADO, o Concello da Rúa e Iberdrola, entre outros, comezaba no campo de tiro con arco, despois da corentena na que estaban os deportistas para non coñecer a situación das valizas.

Tanto na proba da mañá en MTB como na da tarde, a pé, estaban voluntarios das agrupacións de Protección Civil da Rúa, Petín e O Bolo.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button