EconomíaEconomíaOurenseSen categorizar

“Máis que comercio!”, no CCA Ourense Norte

A campaña desenvolverase ao longo do mes de maio neste centro comercial aberto ourensán

SONY DSC

Ao longo do mes de maio despregarase no CCA Ourense Norte a campaña “Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!”, unha actividade que busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes. Así o destacaba na súa presentación a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal.

Deste xeito as persoas que merquen nos establecementos asociados ao CCA Ourense Norte recibirán durante todo este mes un cupón por cada 5€ de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como outros agasallos. Ao remate do mes, o comercio seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

A iniciativa “Máis que Comercio!”, que no mes de abril se desenvolveu no CCA Ourense Centro e que chegará en setembro a O Couto Aberto, está a percorrer os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, resaltando os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button