ConcellosO BarcoÚltima hora

Malestar entre a veciñanza de Viloira polas limitacións para acceder a portais durante a feira

 

A colocación dos postos da feira de Viloira (O Barco) na mañá deste 6 de decembro causaba certo malestar entre a veciñanza da zona. Reclaman os veciños máis espazo para poder acceder aos portais en certas zonas da feira, xa que os postos estaban moi xuntos entre si e iso limitaba o paso.

“Toda unha comunidade de veciños en Viloira só podía acceder ás súas vivendas sorteando ranuras por medio dos postos, algo de pouco recibo máxime se nesta comunidade residen anciáns e nenos pequenos”, dicían os veciños.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button