ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Mantéñense en 42 os casos activos de Covid en Manzaneda

Exterior do Centro de Saúde de Manzaneda.

 

Logo dunha semana de subida constante, estabilízanse os casos activos de Covid no municipio de Manzaneda. Así, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade, rexístranse 42 positivos, a mesma cifra que o 28 de febreiro cando se daban a coñecer os anteriores datos (o martes non se publicaron).

No que se refire ao resto da Área do PAC de Trives, o concello da Pobra de Trives ten 7 positivos por coronavirus (1 máis que o luns), mentres que San Xoán de Río permanece dende o 14 de febreiro libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button