
Segue activo, desde as 18.22 horas do sábado 11 de xullo, o incendio do concello de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, que segundo as últimas estimacións, que vén de facer públicas a Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie de arredor de 140 hectáreas.
Neste lume foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo. Para a extinción deste incendio mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 7 técnicos, 30 axentes, 41 brigadas, 31 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 8 avións.
