OurenseÚltima hora

Manuel Portas presenta en Ourense o seu último libro

EL Cercano acollerá a presentación o 10 de marzo ás 20h.
O escritor Manuel Portas.
O escritor Manuel Portas.

O vindeiro xoves 10 de marzo ás 20h. Manuel Portas presentará no Café El Cercano de Ourense (Cardenal Quevedo, 20) a súa última novela “Lourenço, xograr” Premio de Novela Manuel García Barros 2015. O acto contará coa presenza do autor, do crítico literario X. M. Eyré e do director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes.

Portada do libro.
Portada do libro.

“Lourenço, xograr” contribúe á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país, senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época.

O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista, no que tamén ten cabida o amor.

Artigos relacionados

Back to top button