CulturaCulturaÚltima hora

Manuel Regueiro visita o Xeoparque Montañas do Courel e documéntase para súa nova novela

O presidente do Colexio Oficial de Xeólogos era recibido polo alcalde de Quiroga no Museo Xeolóxico esta mañá

O presidente do Colexio Oficial de Xeólogos no Museo Xeolóxico de Quiroga./ Foto cedida.

 

Neste sábado o presidente do Colexio Oficial de Xeólogos, Manuel Regueiro, iniciaba unha visita a diversos puntos do Xeoparque Mundial Montañas do Courel. Nas instalacións do Museo Xeolóxico de Quiroga era recibido polo alcalde desta localidade, Julio Álvarez, que o acompañará a percorrer diversos puntos do territorio.

Un dos motivos da visita de Regeuiro é “ver con máis detalle as moitas características xeolóxicas do Xeoparque para coñecelo e apoialo dende o Colexio de Xeólogos e ver o traballo que se está facendo”. Manuel Regueiro, que é tamén o xefe de relaciones Externas e Comunicación do Instituto Geolóxico e Mineiro de España e membro fundador da ONG Geólogos del Mundo, aludía ao “enorme, espectacular e quilométrico pregamento do Courel” como o foco do Xeoparque. Un lugar, dixo, que “forza a mente das persoas que o miran a entender as forzas tectónicas, a historia xeolóxica espectacular e os tempos incribles que aquí se viviron antes de que houbese seres vivos”.

Pero este especialista en rochas e minerais industriais non só veu a coñecer pormenorizadamente o Xeoparque, senón tamén a documentarse sobre o que pasou na zona dende a época dos romanos ata hoxe para escribir a súa próxima novela. Un traballo que terá que ver coa xeoloxía, a arqueoloxía e a historia presente e pasada, como na súa primeira novela “El tesoro de Brando”.

 

Manuel Regueiro co alcalde de Quiroga./ Foto cedida.

 

Os restos de Elba, os mortos atopados na cova de Arcoia, as minas romanas de ouro, unha detective que terá que investigar casos sen resolver, as súas raíces familiares quiroguesas, … todas son ideas que nestes momentos pasan pola cabeza de Manuel Regueiro. “Unha mestura de historias que ligarán o pasado co presente no marco da xeoloxía” e que levará o título de “Quiroga”.

Cando este proxecto estea rematado e chegue o momento de dalo a coñecer, Manuel Regueiro, presentarao en Quiroga, aceptando a petición que lle fixo o seu rexedor.

Artigos relacionados

Back to top button