Cales son os riscos para os menores? Como xestionar o tempo nas pantallas? Que recursos e ferramentas existen para protexelos?
Estas e outra cuestións serán tratadas no taller sobre educación dixital en ciberseguridade e privacidade para menores que o coordinador e experto en Ciberseguridade, Manuel Ribas, impartirá no Salón de Actos do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa este xoves 21 de maio ás 18 horas.

Está dirixido a familias con menores de entre 10 e 18 anos e ne, o especialista en protección dixital, privacidade e uso responsable da teconoloxía, dará claves sobre como establecer límites saudables no uso de dispositivos dixitais; e para fomentar hábitos saudables seguros e críticos ante a tecnoloxía; aportando estratexias para supervisar sen invadir a privacidade así como ferramentas e recursos de apoio para as familias.
Dende o centro convidan ás familias a asistir xa que tratarán “temas de gran interese para o acompañamento académico e persoal dos vosos fillos, ademais de ofrecer orientacións e resolver posibles dúbidas”.