ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda acolle as xornadas “Creando un futuro sostible para os nosos montes”

Este encontro, que se celebrará os días 20 e 21 de xuño no Centro de Día, está incluído nos actos da Capitalidade de Montaña de España 2024, que ostenta o Macizo Central

Imaxe de curros na serra de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A gandería extensiva para a prevención de incencios, os novos modelos de xestión forestal, as agrupacións forestais de xestión conxunta, a compensación por servizos medioambientais, o emprendemento en localidades de montaña ou a xestión e administración local en pequenos concellos. Son algúns dos temas que se analizarán nas xornadas “Creando un futuro sostible para os nosos montes”, dentro da Capitalidade de Montaña que ostenta neste 2024 o Macizo Central Ourensán, a través dos concellos de Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Trives e San Xoán de Río.

Así, con motivo deste recoñecemento da “Capitalidade de Montaña de España”, que ostentan durante o 2024 estes municipios ourensáns, aprobado por unanimidade pola Comisión Executiva da Asociación EsMontañas, celebraranse unha serie de eventos que servirán para propoñer, a nivel rexional e nacional, análises, debates e reflexións sobre a realidade socioeconómica á que se enfrontan os territorios de montaña no seu día a día.

Tras a celebración das primeiras xornadas no pasado mes de abril en Chandrexa de Queixa, agora é a quenda para Manzaneda que acollerá este simposio sobre a xestión medioambiental e os casos de éxito de emprendemento, concretamente no que atinxe á creación dun futuro sostible para os montes da provincia.

O encontro celebrarase os días 20 e 21 de xuño no Centro de Día de Manzaneda. A súa inauguración está prevista para as 9:30h. e tras ela darase paso a primeira das sesións, centrada nas “Compensacións por servizos medioambientais.

O programa é o seguinte

 

Artigos relacionados

Back to top button