ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda engalánase de luz para celebrar o Nadal

 

Nesta semana o Concello de Manzaneda comezaba a colocar e acender xa parte da ilumInación de Nadal na vila medieval e dalgúns dos núcleos rurais e concluirá coa instalación en núcleos nos vindeiros días.

 

 

Este acendido programouse para que parte do noso territorio presente unha estampa de Nadal na vindeira fin de semana longa. “O obxectivo é sensibilizar para que nestes días previos ao Nadal se sinta xa un ambiente cálido e acolledor tanto para a nosa veciñanza como para os visitantes e favorecer así o turismo rural, gastronómico e de produtos locais, como corresponsabilidade coas zonas e áreas de montaña rurais”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button