
Novo ascenso na curva do Covid na Área do PAC de Trives. Así o municipio da Pobra de Trives rexistra neste xoves un total de 41 positivos, 8 máis que onte, segundo os datos comunicados ao concello dende o Sergas. Ante estes datos, o Concello de Trives insiste en pedir “prudencia” á cidadanía.
No caso de Manzaneda son un total de 7 casos activos, 1 máis que onte, segundo os datos comunicados hoxe (actualizados ás 18h. de onte) pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ao Concello de Manzaneda.
“Desexamos que estas persoas pasen estos días de cuarentena cos menores síntomas posibles e teñan unha pronta recuperación. Continuaremos respetando as indicacións que nos dictan desde Sanidade, e tamen as da nosa Área Sanitaria”, sinalan dende o Concello de Manzanda. Ademais lembran que dende “o Concello e P.C. de Manzaneda, poñemonos a súa disposición para o que precisen”.
Deste xeito a Área do PAC de Trives rexistra un total de 48 positivos, 9 máis que onte. O único concello desta área que continúa libre de virus é o de San Xoán de Río.