ConcellosÚltima hora

Manzaneda tamén contará cunha pista multideportiva no seu colexio

En total a Xunta vén de aprobar a creación de 5 instalacións deste tipo na provincia

Exterior do CEIP de Manzaneda.

 

A Xunta de Galicia vén de aprobar a implantación de 10 polos creativos e a execución de 5 pistas multideporte que estrearán o vindeiro curso escolar colexios e institutos repartidos por toda a provincia de Ourense.

O delegado territorial, Gabriel Alén, explica que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades elevou onte ao Consello da Xunta un informe de ambas actuacións, dúas iniciativas novidosas que se poñen en marcha ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e supoñen un investimento conxunto de case 6M€ para conxunto da Comunidade.
No caso das pistas multideporte, na provincia de Ourense 5 concellos reciben achegas por case 300.000 euros para a dotación e mellora destas instalacións en centros educativos dos seus respectivos termos municipais.

Así, ao abeiro desta convocatoria de axudas, contarán con estas instalacións o CEIP Manuel Bermúdez Couso na Pobra de Trives; CEIP Castrelo de Miño; CEIP Otero Novas (Cortegada); CEIP Manzaneda; CEIP Valle Inclán en Muíños.

É a primeira acción deste tipo que se pon en marcha en Galicia e a Xunta financia ata o 85% do custo destas infraestruturas lúdico-deportivas nos centros escolares que son de uso conxunto entre a comunidade educativa e a cidadanía.
As axudas van destinadas a pistas multideporte en centros de Educación Infantil e Primaria e nos centros integrados non universitarios (CPI) de titularidade municipal, cuxo deseño debe ser conforme aos modelos establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. O obxectivo é promover unha vida sa entre o alumnado e permitir a práctica dun mínimo de cinco deportes nun espazo polifuncional.

Artigos relacionados

Back to top button