Cun cento de participantes (nas diferentes categorías) desenvolvíase na mañá deste 6 de setembro a II Subida Vertical O Sacauntos de Vilamartín, que á vez era Campionato galego de subida vertical (dentro da modalidade de trail running).
A proba desenvolvíase sen ningún tipo de incidencia, segundo indica a organización, e iso pese a que nun primeiro momento temíase polas consecuencias no circuíto da treboada que caía esta madrugada en Valdeorras. “A pesar da tormenta de dúas horas antes o percorrido estaba perfecto , había gran preocupación por parte da organización por como estaría o primeiro quilómetro xa que se robe por zona rochosa”, explican os promotores da proba.

Nesta edición, na categoría Vertical Valdeorras (cun traxecto de 4,2 km e 1.015 m de desnivel positivo) o ganador da proba era o independente Marcos Castro Moura, mentres que en segunda posición quedaba Darío Arias (Fisioterapia San Lázaro) e na terceira Elpidio Gómez (Castro Trail Team).
Na Vertical feminina impoñíase María Frey López (Biosbardo Galicia), mentres que se proclamaba subcampioa Julia Vaquero e, na terceira, Lucía Peón.
Fotos cedidas.

