CulturaCulturaÚltima hora

Margaride (Quiroga) celebrará a súa XI Festa do Ouro o 19 de agosto

Imaxe dunha edición anterior da Festa do Ouro de Margaride de Lor./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A veciñanza de Margaride de Lor (Quiroga) rememorará o vindeiro 19 de agosto o seu pasado romano. As proximidades da antiga explotación aurífera das Covas do Medo acollerán boa parte dos actos da XI Festa do Ouro, unha celebración que entrelaza a historia coa música e coa gastronomía nun ambiente de celebración moi especial.

 

 

Os actos comezarán, como vén sendo habitual, coa misa en latín na capela da localidade ás 11:30h. e, a partir das 12h., farase o tradicional percorrido polas adegas coa música do grupo tradicional O Recanto. E xa ás 14:30h. comezará o xantar no campamento castrexo-romano, xunto ás Covas do Medo, a base de polbo e churrasco.

Xa pola tarde haberá xogos infantís, logo virá a animación festiva do Dj Kola, unha cea popular, e xa sobre as once unha serie de rituais celtas, que incluirán a queimada, xusto antes da verbena.

Esta Festa do Ouro será novamente organizada pola Asociación de Veciños de Margaride.

 

Artigos relacionados

Back to top button