CarballedaConcellosÚltima hora

Marie Sonnois e a egua Zambomba, compañeiras de viaxe no Camiño de Santiago dende Francia, en Sobradelo

A peregrina francesa coa egua, no Bar Mar, en Sobradelo.

 

A pé, en bicicleta ou a cabalo. Cada quen elixe a forma que mellor lle convén para facer o Camiño de Santiago sendo a terceira opción a que escollía Marie Sonnois.

Acompañada pola egua Zambomba (raza española), a peregrina saía dende Francia o 10 de marzo deste 2025 rumbo a Santiago, pasando por Finisterre, O Porto, Cuntis e Lalín. Catro meses despois, na xornada deste 11 de xullo, facía parada no Bar Mar en Sobradelo, en pleno Camiño de Inverno. Tal e como ela misma adiantaba, o regreso a Francia faráo polo Camiño Esquecido.

 

Back to top button