PolíticaÚltima hora

Marisol Borrajo, candidata popular á alcaldía da Teixeira nas municipais

Encabeza a lista do PP tras a renuncia, por motivos persoais, de Miguel Antonio Cid

Encontro Manuel Baltar (presidente do PPde OU) con Marisol Borrajo Lorenzo (candidata do PP na Teixiera)./ Cedida.

 

O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro con Marisol Borrajo, candidata popular na Teixeira nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio trala renuncia, por motivos persoais, de Miguel Antonio Cid.

Manuel Baltar quixo recoñecer a “valía e a traxectoria política” de Miguel Antonio Cid: “El é un verdadeiro servidor público, na política e na medicina, e que presenta cunha inmellorable folla de servizos nestes 35 anos traballando pola Teixeira de concelleiro, tenente alcalde, alcalde e tamén deputado provincial”. O presidente do PPdeOU pon en valor “a traxectoria pública dun home comprometido coa Teixeira e coa provincia de Ourense, cun alto valor do que é a política, a cooperación e a lealdade institucional”.

Neste sentido, Manuel Baltar define a Marisol Borrajo como a “candidata ideal para seguir construíndo o futuro” da Teixeira a través de “políticas públicas de dinamización do territorio”. “Marisol Borrajo, remarca o líder do PPdeOU, “coñece o seu concello e as demandas dos veciños, ten experiencia na vida municipal e, sobre todo, é unha referente de emprendemento e paixón polo rural”.

Pola súa banda, Marisol Borrajo reivindica o “estupendo traballo” de Miguel Antonio Cid. E destaca a súa capacidade “para liderar a partir do 28 de maio un proxecto que, entre todos, siga avanzando en todos os fitos conseguidos e permita implementar novas iniciativas de progreso”.

A nova candidata popular nas vindeiras eleccións municipais remarca que “vivo, traballo e vexo o meu futuro na Teixeira”. Entre todos, explica Marisol Borrajo, “escribiremos A TEIXEIRA en maiúsculas, para que as novas xeracións que veñan síntanse tan orgullosos do noso concello como eu me sinto”

Biografía de Marisol Borrajo Lorenzo

Marisol Borrajo Lorenzo ten 53 anos. É licenciada en Administración e Dirección de Empresas e traballa no sector vitivinícola nunha adega da Teixeira, concello ao que leva vencellada 33 anos.

Artigos relacionados

Back to top button