DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Medio cento de participantes na I Andaina Solidaria pola Reforestación de Trives

Esta iniciativa, promovida polo Club Montaña Trives, contaba ademais con 60 dorsais solidarios de persoas que non realizaban o percorrido

Ás dez da mañá deste sábado 30 de decembro partía dende a praza do Reloxo trivesa a I Andaina Solidaria pola Reforestación, organizada polo Club Montaña Trives. Medio cento de camiñantes iniciaban un percorrido de dificultade baixa e cunha distancia de 6,5 km. Ademais había 60 dorsais solidarios de persoas que quixeron colaborar coa iniciativa pero que non realizaban a andaina, segundo informa a organización.

Esta será a primeira de tres andainas que ten previsto promover o Club Montaña Trives “para a recadación de fondos destinados a reforestar as zonas queimadas da nosa comarca e arredores”, adiantan.

Fotos: Club Montaña Trives.

Artigos relacionados

Back to top button