Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Meigas, pantasmas e mortos viventes toman Ourense no Samaín

Cara ás cinco da tarde de hoxe, 31 de outubro, as rúas do Casco Vello de Ourense comezaban a encherse de meigas, pantasmas, mortos viventes, vampiros e outras moitas criaturas que só facían que meter medo aos viandantes.

Os cativos da cidade xuntáronse todos nas prazas de Saco e Arce, A Imprenta e Manuel Sueiro para gozar das actividades organizadas polo Concello para celebrar este día que, segundo a tradición celta, serve para conmemorar a fin do verán. Entre esas actividades estaba o tradicional obradoiro de vaciado de cabazas, onde os máis pequenos emporcaron as súas mans e pasalo en grande coas súas familias; outro de maquillaxe e, o que máis lle gustou aos cativos, o de feridas arrepiantes.

As colas formábanse nos diferentes obradoiros e padres e fillos puideron gozar dunha tarde entretida que rematou co tradicional desfile de cabazas polas rúas da cidade.

Fotos: Carlos Asensio. 

Artigos relacionados

Back to top button