OurenseÚltima hora

Melloran os datos turísticos

A capital recibiu a 45.444 persoas no primeiro semestre deste ano, un 3,87% máis que no 2012
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Moi positivo. Ese é o balance que fai o Concello de Ourense tras coñecer os datos do INE de ocupación hoteleira da cidade no primeiro semestre deste ano, xa que asegura, melloran en todos os parámetros ás cifras do mesmo período do 2012.

“Con estes datos, a cidade confírmase como motor de crecemento do turismo da provincia, acaparando boa parte do crecemento, sobre todo no que respecta aos turistas estranxeiros e ao total de pernoctacións. Este último dato reforza a valoración positiva con respecto ao contexto, xa que na media galega baixan o número de pernoctacións”, segundo destaca o Concello de Ourense. Así as pernoctacións pasan das 70.212 do primeiro semestre do 2012 ás 78.366 do primeiro semestre deste ano, isto é, un 11,61% máis. Ademais o número de viaxeiros incrementouse nun 3,87% ata chegar aos 45.444. Dese total, 5.293 son estranxeiros, o que supón un aumento dun 16,28% con relación ao 2012.

Texto: O Sil/Redacción Ourense Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button