O abastecemento de Raiagada (Manzaneda) vén de mellorarse logo da sustitución de 500 m da tubaxe existente, que estaba deteriorada, por outra tubaxe “de alta densidade de presion nominal 16 atomósferas, así como e meposición das acometidas de abestecemento, bocas de incendio e de rego; así como a reposición do firme nos tramos afectados”, segundo se informa dende o Concello.
Do mesmo xeito tamén se procedía á instalación de diferentes chaves de paso, mellorouse a sectorización do circuíto de abastecemento do núcleo de Raigada. Estas actuacións, unidas á xa executada de instalación de sistemas de contadores e sistema de alarma no depósito, permite monotorizar en tempo real o volumen de auga existente no mesmo.
Estas actuacións por importe de 47.879,70 €, fináncianse ao cen por cen polo plan de cooperación da Diputación de Ourense.
O alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, declara a importancia destas actuacións de mellora dos servizos básicos de abastecemento porque no núcleo de Raigada existían continuas fugas por deterioro da da tubaxe vella, o que conlevaba un sobrecuste das reparacións puntuais da tubaxe antiga, xunto cunhas perdas de auga inadmisibles.