Concellos

Melloras no núcleo de Casardomato-Esposende, no Concello de Cenlle

O Plan Hurbe de Medio Ambiente contempla unha partida de 15.000 euros para acometer as obras
Alén e Mato, en Santiago, na firma do convenio.
Alén e Mato, en Santiago, na firma do convenio.

O alcalde do Concello de Cenlle, Gabriel Alén, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinaron un convenio de colaboración entre ambas administracións para apostar pola mellora dos accesos no núcelo de Casardomato-Esposende. Así, o departamento autonómico incluirá unha partida de 15.000 euros para realizar as devanditas obras, que as enmarcará dentro do Plan Hurbe.

O obxectivo destas actuacións é dotar dunha mellora do firme para favorecer as condicións de tránsito e seguridade viaria neste punto, pois a vía principal que parte da estrada autonómica OU-211 é unha estreita subida de pendente moi pronunciada que carece de pavimentación adecuada.

Artigos relacionados

Back to top button