ConcellosÚltima hora

Membros do comité de empresa de Irosa-Samaca: “Queremos saber as condicións de acordo e que vai pasar, o lóxico é que se fale cos traballadores”

Dende a CIG asegúrase que se enteraron pola prensa do acordo asinado entre a empresa e a comunidade de montes

 

Polos medios de comunicación enterábanse os traballadores de empresa Irosa-Samaca do acordo asinado entre esta empresa e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal. “Nós queremos saber as condicións dese acordo e que vai a pasar, loxicamente. Os traballadores foron os que estiveron aí poñendo a cara e o máis lóxico é que se fale con eles. En ningún momento nos chamaron, enterámonos pola prensa”, explicaba Francisco Moral, secretario local da CIG, sindicato presente no comité de empresa xunto con CCOO, en declaracións ao Periódico O SIL.

“A nós o que nos interesa é que os postos de traballo se manteñan, tal e como din, pero nos gustaría ter a seguridade de que iso vai ser así porque de todo o que nos estamos enterando é polos medios”, engadía, indicando que non se lles informou de que este acordo se ía asinar nin tampouco dos detalles do mesmo.

 

Back to top button