EconomíaEconomíaÚltima hora

Merelles: “A Xunta traballa para que o Xacobeo 2027 potencie a oferta turística de todo o territorio”

O director de Turismo de Galicia destacaba no Parlamento galego que este programa incide na súa estratexia de desestacionalización, diversificación e internacionalización do destino

 

A Xunta de Galicia está a preparar a gran cita do Xacobeo 2027 de xeito racional e programático incidindo na súa estratexia de desestacionalización, diversificación e internacionalización do destino. Perséguese así que o seu retorno económico e a riqueza xerada ser reparta e se perciba en todo o territorio da comunidade. Así o vén de manifestar o director de Turismo e Galicia, Xosé Merelles, esta mañá no Parlamento de Galicia. Na súa intervención tamén incidía na necesidade de que o Goberno central aprobe as exencións fiscais para que as empresas que desexen colaborar no evento poidan comezar a programar as súas accións.

Nunha resposta parlamentaria ante a Comisión 4ª, o director de Turismo de Galicia salientou que “a Xunta patrocina con carácter xeral aquelas actividades de eventos musicais e de ocio que, dentro da súa estratexia, enriquezan a oferta turística de distintos destinos galegos”. E engadía que “os eventos musicais de carácter único cunha programación que inclúe espectáculos singulares” e a aposta “polos eventos que se realizan fóra de temporada e contribúen á desestacionalización turística, un dos eixes do modelo galego”.

Precisamente, Turismo de Galicia vén de relanzar a marca ‘Concertos do Xacobeo’ con preto de medio cento de eventos patrocinados e máis de 500 artistas e bandas de referencia do panorama internacional, nacional e galego. Isto conforma a programación deste 2025 e está a constribuír a consolidar Galicia como destino de grandes eventos e preparar a comunidade para o Xacobeo 2027.

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, responde na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia a unha pregunta relacionada co seu departamento.

 

Neste sentido, Xosé Merelles subliñou como na elaboración desta axenta cóntase con empresas galegas solventes e de referencia que xeran emprego e negocio a profesionais e pemes galegas. Ademais, apostan polo talento galego de artistas e bandas combinado coa proxección de figuras internacionais e a súa capacidade para atraer público, entre outros.

O director de Turismo de Galicia salientou que segundo o ‘Observatorio de marcas en festivales 2023’, editado por Mediabrands coa colaboración de Ticketmaster, a Xunta de Galicia sitúanse á cabeza do ránking español dos acordos das institucións públicas cos festivais. Cabe salientar, por outro lado, que o estudo impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais e a USC co apoio da Consellería de Cultura a través de Agadic, cifra o impacto global da industria musical en Galicia en máis de 227M€ e 3.250 empregos.

Pero mención especial merece o efecto tractor que festivais sobre o sector da hostalería e o turismo, xa que a asistencia aos eventos musicais impulsa unha demanda importantísima en servizos de aloxamento, transporte, comidas e bebidas, así como en compras de merchandising. “Xeran, por tanto, un importante consumo adicional e impacto económico no territorio”, asegurou.

Back to top button