Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Merelles amosa o seu apoio aos traballadores afectados pola paralización cautelar da actividade da mina de Penouta (Viana)

O número 11 da candidatura do PP pola provincia de Ourense desprazábase ata esta localidade de Viana do Bolo para reunirse con persoas vinculadas con esta actividade mineira e pola tarde achegábase ata o parque comarcal de bombeiros da Rúa

 

Durante a mañá deste 8 de febreiro, Xosé Manuel Merelles, integrante da candidatura do PP de Ourense ao Parlamento de Galicia, desprazábase ata a localidade vianesa de Penouta para trasladar o apoio dos populares aos traballadores e ás familias afectadas pola paralización cautelar da actividade da mina de coltán emprazada na zona. Alí, acompañado por representantes como do Concello de Viana, como o seu alcalde, Andrés Montesinos, e polo alcalde da Veiga, reuníase cun grupo de persoas relacionadas coa actividade nesta explotación.

Merelles lembrou que a mina xera “máis de 200 postos de traballos -entre directos e indirectos- nunha zona de alta montaña” onde “o emprego é moi escaso”. A paralización da súa actividade repercute negativamente na economía da zona posto que “estamos a falar de persoas que realizan a súa vida cotiá e na contorna, fan as súas compras ou alugan pisos, por exemplo. “Todo isto está en perigo”, engadiu.

 

 

“Defendemos, por suposto, que a actividade desta mina respecte a contorna ambiental na que se asenta, pero non podemos instalarnos no inmobilismo, porque se non apoiamos a actividade desta empresa, acabará pechando”, manifestou o candidato.

“Como non podería ser doutro xeito manifesto o meu máis profundo respecto a calquera decisión xudicial e ao traballo dos nosos tribunais”, indicou Merelles, quen engadiu que “un goberno autonómico conformado polo PPdeG vai traballar sempre na busca de solucións para este asunto, do lado dos empregados”.

Visita ao parque comarcal de bombeiros

Xa pola tarde, Xosé Manuel Merelles, visitaba xunto á alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e delegada especial da Deputación de Ourense na comarca, as instalacións do Parque Comarcal de Bombeiros, emprazadas na Rúa.

 

 

 

Merelles puxo en valor o esforzo deste colectivo, que traballa os 365 días do ano para garantir a seguridade dos valdeorreses. “Aplaudo o seu esforzo diarioe a inmediata resposta que ofrecen para atender calquera urxencia. A seguridade de todos os galegos foi sempre, e seguirá a ser, unha prioridade absoluta para o PPdeG”, destacaba o candidato.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button